martes, 17 de febrero de 2015

ENTROIDO

Neste Entroido a "tía Mónica" mandaounos uns mandadiños moi especiais nos que todos tiñamos que acabar coas nosas mellores galas asique na escola fixemos un desfile no que participaron tamen as nosas mamas.

viernes, 6 de febrero de 2015

MÓVETE+

Este ano queremos ser ainda mais saudables e por iso nos apuntamos no programa MÓVETE+. Todas as mañás nos levantamos con moita enerxia e despois dun almorzo saudable facemos exercicio na escola. Queremos que practiquedes todos con nós e por iso vos deixamos o video do baile,esperamos que o fagades e cando vos digamos veñades a bailar con nós. Tamen vos deixamos os nosos primeiros pasos practicando https://onedrive.live.com/redir?resid=4F1268D869FBB84%211761

martes, 3 de febrero de 2015

dia da paz

O venres celabramos na aula o dia da paz. CAntamos e bailamos e fixemos unha árbore de mans de cores para representar a todas as razas do mundo e unhas palomiñas da paz de globos blancos.

as fabas da bruxa patuxa

No Samain visitounos a bruxa Patuxa e deixounos mazas e mandarinas para merendar ese día. Tamén nos deixou fabas para plantalas, fai uns dias preparamos os botes para sementalas,con papel de periódico e servilletas e decoramos o tarro de cristal con papeis e flores. Metemos as fabas dentro e votámoslle auga e de alí a uns días empezaron a medrar. Sacámoslles fotos e fixemos uns montaxes para vaiades vendo como
medran.